Compre o venda todo lo que quiera en RedDeCompra


3 9 5 2

  • A salida foi as 9:15 e o regreso creo que foi as 19:00, da hora de retorno non estou moi seguro.
    O contaquilometros marcaba: 7h. 15min. Con unha velocidade máxima de 49,3 km/h e fixemos 104 Km.
  • A ruta empezou ca partida dende Santiago hacia o concello de Lousame onde fomos comer unha empanada (en Ardeleiros).
    Neste tramo pasamos por Campelo (nunha ladeira do Monte Treito) onde paramos a sacar unhas fotos, pasando antes pola pedra dos catro concellos, sempre queda ben dicir que nun par de pasos pasaches por 4 concellos diferentes.
  • Unha vez asentada a comida subimos o Monte Castelo un xigante de pedra duns 350 metros de altitude, foi todo unha gozada ver como en tan só 2-3 kilometros subes á cima.
    Baixamos do Castelo pola parte de Ces e fomos de novo ó Monte Treito subindo desde Aldariz, e antes de regresar á casa ainda demos un rodeo por Rois.
  • Eu diría que foi un día productivo :-) E foi do meu agrado estar casi todo o día por camiños e pistas de monte.
A voltas co mundillo